Escola de nais e pais: 12 de decembro
- ANPA Agro do Muiño
- 10 dic 2022
- 1 Min. de lectura

As Escolas de Nais e Pais son charlas de formación orientadas as familias sobre temas que poden resultar de interese para toda a comunidade educativa.
Estas charlas que xurden grazas a iniciativa do CAFI (o Centro Autonómico de Formación e Innovación) preteden ser un espazo de debate e reflexión.
O próximo luns 12, teremos a primeira ENAPA deste curso 2022-2023 coa temática "Técnicas de estudo. Fomentar a independencia de nenas e nenos" e será impartida por Mercedes Urbiola Ituarte, pedagoga e guía Montessori.
Esperámosvos o luns 12, as 16:30 no ximnasio do centro!
Comentários